Low Noise Block

Un LNB, presente diante dunha antena parabólica.

Un Conversor de Baixo Ruído ou LNB (polas súas siglas inglesas, Low Noise Block) é un equipamento que se atopa nas antenas parabólicas usado para a recepción de sinais de satélites emitidos nunha faixa de frecuencia de ondas electromagnéticas de tipo microondas, e en dúas bandas, xeralmente, unha Banda C e a outra unha Banda Ku.

O LNB capta o sinal e fai unha redución da súa frecuencia para ser levado despois o sinal ao cable coaxial que está ligado ao receptor. Xeralmente a faixa de frecuencia usada é a da chamada Banda L correspondente á frecuencia en Banda C e/ou Banda Ku.

O principio que rexe o funcionamento electrónico dun LNB é o do Super-heterodino.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search